O profesor Xulio Ferreiro encabeza unha candidatura “forte, unida e preparada para gobernar”

Texto: A. M.
Foto: Antía García Sendón

Máis de 700 persoas escolleron nunhas primarias abertas a lista co maior aval cidadán das próximas municipais

Dous días, máis de 700 persoas. As primarias abertas da Marea Atlántica cumpriron o pasado mes de marzo as expectativas da plataforma e deron como resultado “unha lista forte, unida e preparada para gobernar A Coruña” a partir do 24 de maio. Á cabeza, Xulio Ferreiro, profesor de Dereito Procesual na Universidade da Coruña e, ata a súa renuncia voluntaria, xusto antes de formalizar a candidatura, tamén maxistrado suplente na Audiencia provincial de Lugo.

“O clima de colaboración durante as primarias”, explica Ferreiro, “veu confirmar a potencia desta iniciativa, un espazo de confluencia e unidade popular construído arredor do que nos une, o desexo de devolverlle as institucións á xente e poñer as persoas no centro da acción política, e non do que nos diferencia. A lista representa como un espello a pluralidade en pé da Marea Atlántica”.

Acompañan ao ex-xuíz, por esta orde, a socióloga Rocío Fraga, o arquitecto Xiao Varela, a avogada Silvia Cameán, o historiador e crítico de cine José Manuel Sande e Eugenia Vieito, licenciada en Dereito e persoal administrativo na Universidade da Coruña. Máis abaixo sitúanse o escritor Alberto Lema, a mediadora cultural Claudia Delso, o enxeñeiro Daniel Díaz Grandío e María García, técnica medioambiental e emigrante retornada.

A seguir, completan a primeira metade da lista Alfonso Mascuñana, profesor xubilado; Begoña Romero, administrativa en paro; Antón Fernández de Rota, investigador en políticas públicas; e Sonia Sainz, empresaria. Todas as sensibilidades da Marea, as cinco listas abertas que se presentaron ás primarias, están representadas por riba do ecuador da candidatura.

A Marea decidiu reservar os catro últimos postos da lista para persoas de consenso que prestasen o seu aval simbólico á plataforma sen pasar polas primarias. Estas persoas serán finalmente Ramón Pérez Basich, histórico portavoz dos veciños do Portiño; Serafín Mourelle, escritor e patrón de barco; Celsa Díaz Cabanela, veterana activista e vítima da represión franquista na adolescencia; e a poeta Estíbaliz Espinosa.

Podes descargar o primeiro número do xornal en PDF premendo aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>