Hai Marea!

Xulio Ferreiro

O próximo 24 de maio temos diante de nós a oportunidade de facer historia na cidade da Coruña. Somos moitas as persoas que non podemos seguir indiferentes diante do xeito en que se nos está a gobernar. Somos moitos os veciños e moitas as veciñas desta cidade que xa non aturamos que as institucións públicas, incluído o noso Concello, se poñan ao servizo duns poucos e esquezan a súa verdadeira función: defender os intereses da maioría social, protexer aos cidadáns máis golpeados pola situación económica, polo desemprego, pola precariedade, pola pobreza.

Somos multitude os que non podemos mirar para outro lado diante da corrupción, os que xa non queremos ver máis como os nosos gobernantes exercen os seus cargos coa única intención de enriquecerse, de usar a súa infl uencia e as súas funcións públicas para mercar e vender favores, para gañar as simpatías das elites. Somos maioría as persoas que xa non podemos consentir que os bens comúns, os que pertencen a todos e a todas por igual, se poñan ao servizo dos de sempre, xa sexan os parques, a auga que bebemos, o mar, o territorio, a sanidade, a educación, os nosos servizos de benestar. Estamos fartos de ver como se utiliza iso que chaman crise económica para quitarlle aos que menos teñen e engordar o peto dos que nunca terán sufi ciente.

Pero somos unha inmensidade os que cremos que isto vai cambiar. E nas vindeiras eleccións municipais imos comezar a darlle a volta a esta situación. Imos empezar a poñer por diante os valores da honestidade, do benestar de todas as persoas, da xustiza, do respecto aos bens comúns. E imos comezar pola cidade que vivimos e queremos, pola Coruña. Porque como di Manuel Rivas no interior deste xornal, na Coruña existe hoxe un proceso de unión, un proceso de xustiza social e un proceso de esperanza. Un proceso que vai contribuír dende este recuncho do mundo que habitamos a unha sociedade mellor. Este proceso chámase Marea Atlántica.

Na Marea Atlántica confl uímos, coincidimos, xuntámonos, convivimos moitos homes e moitas mulleres, mozas e mozos que decidimos pasar da indignación á acción. Que perdemos o medo, que xa non estamos paralizados. Temos ideas, temos experiencias e temos ganas de facer as cousas ben. E sabemos como facelas. Estas páxinas son a mostra. Estas páxinas conteñen un proxecto de cidade. Un proxecto que non se mide en metros cúbicos de cemento. Mídese en toneladas de ilusión, de capacidade, de honestidade. Estamos a facer cousas que nunca antes se fi xeran. Estamos a devolverlle a esperanza a moita xente. Estamos a poñer de acordo a organizacións políticas e sociais que, compartindo os mesmos valores, levaban demasiados anos combatendo en solitario. Conseguimos respectar as diferenzas e reunirnos nun desexo común. O desexo de comezar a construír dende xa unha cidade máis xusta, máis habitable, máis nosa. A cidade que queremos e que imaxinamos. A cidade que hoxe non vemos e que nos gustaría ver.

Este é o proxecto que quere encarnar a Marea Atlántica. Propoñemos un xeito diferente de gobernar unha cidade e unha cidade diferente que gobernar. Unha cidade aberta, diversa, como sempre foi A Coruña, que lle sexa devolta ás persoas ás que sempre pertenceu, aos veciños e ás veciñas de Eirís, de Monte Alto, dos Mallos, dos Castros, da Cidade Vella, da Praza de Lugo, do Birloque, de Elviña, do Portiño… Un goberno transparente, participativo, democrático, ético, comprometido coa súa xente, que teña claras as súas prioridades. Con sentido común e sentido do común. En defi nitiva, esa Coruña que sempre soñamos e que non podemos construír sen ti.

Podes descargar o primeiro número do xornal en PDF premendo aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>