Todas as novas do Número 1

Catro anos de dispendio e escándalos

obras da Mariña-Parrote

Texto: Alejandro Pazos Foto: Sandra G. Rey O mandato de Carlos Negreira e o PP á fronte do Concello da Coruña vén marcado polos picos máis altos de desemprego e pobreza da cidade nos últimos tempos, por casos de corrupción como Pokémon ou Zeta, por obras de alto custo sen[…]

Ler máis »

A hora da cidadanía

Participa_150716

Texto: A. D. Petouto Foto: Antía García Sendón Centos de persoas impulsan co seu traballo e a súa ilusión a Marea Atlántica. Corre o tempo e toma forma aquel desexo común ao que hai case dez meses poñían rostro os 99 primeiros asinantes dun manifesto, o da Marea, que anticipaba[…]

Ler máis »

Editorial | Palabras e feitos para unha Coruña distinta

o15

Foto: Antía García Sendón ‘O 15′ é un periódico puntual, unha Marea de papel que xorde desde o Atlántico nun momento histórico no que na Coruña se respira unha inédita, e urxente, ilusión de cambio que precisa expresarse con liberdade. Os poderes tradicionais da cidade queren silenciar a unha cidadanía[…]

Ler máis »

Mentres tanto

xuntanza na casa fariña

Texto: Natalia Balseiro Foto: Sandra G. Rey Eu non sei o que quero, nunca o souben. Pero se o corpo vibra é que algo importante acontece. Nos últimos anos soñei con marchar lonxe, mais son de aquí e unha panda de bárbaros non van facer que marche. Despois de tanto[…]

Ler máis »

Isto non hai quen o pare

temos un desexo común

Texto: Estíbaliz Espinosa Foto: Sandra G. Rey Sedíame eu na illa de San… Antón, e cercáronmi as ondas. Que grandes son! Pero non estaba soa, estabas ti, vós, nós. Sedíamos nós. E fomos ficando sós. O mar, o barco e máis nós. E chegou a Marea. Este recanto do mundo[…]

Ler máis »

Manifesto por unha idea de cidade

parrote

Pablo Gallego Picard A cidade é aquel lugar onde se produce unha expresión indiscutible do público. Esta obviedade, implícita na propia definición de público/a (común dun pobo ou dunha cidade), convértese nun feito revelador cando lembramos a imposibilidade de que exista a combinación contraria: a cidade non pública. É dicir,[…]

Ler máis »

As persoas primeiro

Texto: Elisa Ginzo A Marea implantará un modelo de Servizos Sociais eficaz, público e de calidade para lograr a xustiza e a cohesión sociais. Lonxe de dar esmola, a Marea entende que a política ten que responsabilizarse e corrixir os desequilibrios que levan ao empobrecemento e á exclusión social cada[…]

Ler máis »

É tempo de unidade popular

unidade popular

Raúl Xordo As formacións políticas que apoian a Marea Atlántica sinalan a confluencia como o único xeito de rachar co inmobilismo dunhas institucións afastadas da cidadanía. A Marea Atlántica é, dende a mesma publicación do seu manifesto, un espazo de confluencia liderado pola cidadanía. Un sentir común que vai máis[…]

Ler máis »

Baixo a lupa da cidadanía

lupa

A. D. Petouto Doce medidas para dotar de transparencia a xestión municipal e crear mecanismos de fiscalización e participación cidadá. Radicalidade. Si. Radicalidade democrática. É unha das liñas básicas coas que a Marea Atlántica se presentou aos cidadáns e cidadás da Coruña en xullo do 2014 e é tamén un[…]

Ler máis »

A ética como obrigado punto de partida

retribucións con sentidiño

O Código Ético da Marea Atlántica senta as bases dun proxecto que equipara a representantes e representados. A trama de enchufes e favores que destapou a investigación da xuíza Pilar de Lara no Concello coruñés non é máis que un exemplo da vaga de corrupción que, tal como corroboran outros[…]

Ler máis »

Da Ribeira do Cómaro a María Pita

Ribeira do Cómaro

Alejandro Pazos Detrás do nacemento da Marea Atlántica está toda a memoria política dunha cidade moi afastada da imaxe tópica que difundiron os seus poderes. E tamén un proceso enmarcado no ciclo de ruptura democrática que comezou hai nove meses lanzando ideas e ilusión no que xa comezan a chamar[…]

Ler máis »

Nin un peso para botar a xente da súa casa

P. B. A Marea negarase a colaborar cos desafiuzamentos e as entidades bancarias que os executen. A Marea Atlántica móstrase disposta a empregar o peso do Concello na economía local para orientala cara á mellora da vida da cidadanía. Así o expón o seu cabeza de lista, Xulio Ferreiro: “Para[…]

Ler máis »

Unha cultura sen cadeados

Raúl Xordo Lonxe da política dos grandes eventos monolíticos, a Marea presenta un programa cultural integrador e aberto a toda a cidadanía. Para a Marea Atlántica, a cultura é unha ferramenta para construír unha Coruña inclusiva, participativa e crítica. Non se entende como unha nota ao pé do programa electoral,[…]

Ler máis »

Un laboratorio no que crear e compartir

marea_cultura

Texto: Raúl Xordo Foto: Sandra G. Rey A Marea creará un organismo municipal para axudar aos cidadáns a desenvolver as súas propias iniciativas culturais. A Coruña é unha cidade culturalmente viva. Ten unha longa e rica tradición de colectivos artísticos e movementos de base que levan anos realizando un traballo[…]

Ler máis »

Negreira cala, a Marea atende

A. D. Petouto Xulio Ferreiro responde as preguntas da cidadanía a través da súa canle virtual en Ask.fm mentres o PP agocha a cabeza cercado pola corrupción. É un dos sinais distintivos da Marea Atlántica. A política da participación real, onde a cidadanía toma a palabra e a súa palabra[…]

Ler máis »

Hai Marea!

Xulio Ferreiro O próximo 24 de maio temos diante de nós a oportunidade de facer historia na cidade da Coruña. Somos moitas as persoas que non podemos seguir indiferentes diante do xeito en que se nos está a gobernar. Somos moitos os veciños e moitas as veciñas desta cidade que[…]

Ler máis »